Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz explica a súa postura nos asuntos do último pleno

O PSdG-PSOE de Foz destaca os temas mais importantes tratados no Pleno Municipal do pasado venres e as intervencións do Grupo Municipal Socialista.

Nota de prensa 31/03/2012

O PSdG-PSOE de Foz destaca os temas mais importantes tratados no Pleno Municipal do pasado venres e as intervencións do Grupo Municipal Socialista.

A proposta da Constitución dunha Mesa do Comercio do Concello de Foz. O PSOE pediu deixalo encima da mesa para favorecer que mais asociacións participen nesta Mesa do Comercio, sendo aprobado por unanimidade.

No referente a delegación do cobro dos impostos na Deputación Provincial. Tanto PSOE como UNIFOZ, reclamaron poder estudiar o tema con tranquilidade e pedir mais datos, o PP está a favor de ceder o cobro dos impostos a Deputación e o BNG en contra.

No tema do reparto individualizado da productividade que cobran os traballadores do Concello. A proposta do PP, de rebaixar en 15.000 euros a partida destinada a pagar a productividade aos empregados municipais, foi aceptada polo grupo UNIFOZ. O PSOE votou en contra, por considerar que os traballadores municipais xa tiveron fai pouco tempo unha rebaixa de salario do 5% do soldo e con esta medida volvéselles a recortar dereitos, cando a maiores as nóminas dos mesmos en algúns casos non superan os 900 euros. “É incrible a lixeireza coa que o PP fai estes recortes aos empregados – referiu Rivera – os socialistas focenses non estamos de acordo en ningún tipo de rebaixa salarial a clase traballadora polo que consecuentemente temos que votar en contra”. Dicíndolle, tamén Rivera, ao Alcalde – “Vostede, Sr Castiñeira, cústalle as arcas do Concello por tódolos conceptos, salario e SS, mais de 54.000 euros ao ano, pero non vexo que se rebaixe vostede nin un solo euro dos seus emolumentos para dar exemplo”. O Alcalde escudase para esta rebaixa en que é un tema estaba pactado cos traballadores, ao que o PSOE resposta que lle consta que solo con algúns, porque outros non están de acordo e así llo fixeron chegar ao seu grupo, e que comprende perfectamente o seu desacordo, pois despois de conseguir en distintas negociacións estes dereitos agora van a ver como os perden co beneplácito do PP e UNIFOZ, que votan a favor deste recorte. En contra votou o BNG ademais do PSOE.

Por vía de urxencia o Alcalde presentou o Pan de Axuste, explicou que mantivera reunións con UNIFOZ e que consensuaran moitas cousas deste Plan, o BNG fixo unha queixa de que non se lle informara convenientemente de este tema; e o PSOE manifestou que non ían permitir, co seu voto, mais subidas de impostos para os veciños e veciñas de Foz. “Si se aproba este plan – dixo Rivera – serian incribles as subidas de impostos e taxas practicadas, tanto desde o Goberno Central, como da Xunta ou do Municipal; luz, contribución urbana – rústica, auga, saneamento,vehículos, escolas deportivas, novas taxas polo uso do pavillón municipal, por actuacións culturais e teatro, na Radio Municipal, para o Comercio. Onde vamos a parar.”

A proposta do PSOE é non aprobar este Plan de Axuste e acollernos a segunda posibilidade, que se pague por parte do estado aos provedores, e despois ese desconto que faga o Estado dos tributos que nos corresponden, compensarase coa subida da taxa de depuración, unha taxa que si é obrigatorio poñela para compensar os servicios públicos. Ao que o Alcalde manifestou que non sabia si chegaba co diñeiro da taxa de saneamento pero que emprazaba o PSOE a seguir falando para chegar a un acordo sobre esa taxa, foi aquí, onde o Portavoz Socialista, Pepe Rivera foi moi claro e díxolle o Alcalde “Vostedes agora falan da urxencia da taxa de saneamento e cando a levamos a pleno no anteriores gobernos, por que se tiña que repartir por Lei entre tódolos veciños os 400.000 que supón o custe da depuración. Pero vostedes señores do PP, votaron en contra, non unha senón dúas veces e agora danse conta que se ten que poñer a maior brevidade. Miren – seguiu dicindo Rivera- vostedes, os do PP, son os culpables de que teñamos que pedir un crédito para pagar aos provedores polo que se terán pagar uns intereses de 430.266 euros, si fixeran caso, a miña persoa, cando lles pedín que apoiasen a taxa de saneamento no ano 2007, non faría falta tal crédito, non hai mais que votar contas 2007-2008-2009-2010-2011-2012-(6 Anos), multiplicado por 400.000 euros/ano=2.400.000 euros que tería o Concello nas súas arcas e non teriamos que pedir nada nin facer ningún plan de axuste, así de claro”

Considerando que por suposto é importantísimo pagar a tódolos provedores, Rivera, reprochou ao Alcalde, o sensacionalismo de que se dedicase a dicir que este crédito era unha lotería para o pobo de Foz, 1.233.000 euros que ían para o comercio do pobo, cousa que non é certa, pois deses cartos o Concello solo debe a empresas locais 300.000 euros e o restante é a empresas foráneas ás que por suposto tamén hai que pagar. O Plan De Axuste quedou rexeitado cos votos do PSOE, UNIFOZ e BNG, o PP votou a favor.

Exit mobile version