Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz presentará unha moción para instar a Consellería de Traballo que aclare as funcións das escolas taller nos concello

Nota de prensa

O PSdG-PSOE de Foz, presentará unha moción no próximo Pleno da Corporación Municipal, para instar a Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, a que aclare cales son as funcións das Escolas Taller e Obradoiros de Emprego nos Concellos aos cales lles son concedidas.

Facemos esto porque consideramos que o Alcalde de Foz esta facendo un fraco favor os parados e paradas do noso Concello, pois el mesmo se atribúe tódalas competencias en materia de emprego e nin sequera quere tratar as mocións dos grupos da oposición para tratar un plan de emprego que faga posible que persoas paradas do noso Concello poidan traballar.

O Goberno anterior si seguía o pé da letra as instruccións emanadas das ordes da Consellería de Traballo, onde se dicía que unha vez inspirada a Escola taller ou o Obradoiro de Emprego, segundo o caso, tódolos traballos do Concello que tiveran relación cos modalidades impartidas nas Escolas Taller ou Obradoiros terían preferencia de colocación as persoas que participaron nos mesmos.Estamos vendo como son contratadas empresas foráneas que están traballando para o Concello en algo tan simple como a xardinería mentres que os nosos xoves e maiores de 45 anos están nas súas casas observando como se lles escapa a oportunidade de facer un traballo para o cal obtiveron experiencia nos Obradoiros antes mencionados. O anterior equipo de Goberno do PSOE facía Plans de Emprego, en solitario ou coa colaboración da Deputación de Lugo, que paliaban o paro que se rexistraba no noso Concello.

Mentres esto ocorre o Alcalde de Foz está a ver os toros dende a barreira, ocupando o poder sen facer nada, as cifras de paro no noso Concello en tan só un ano duplícanse, creando unha sensación de desesperación entre o colectivo de parados e paradas que chega a limites insospeitados, máxime cando o Alcalde nos costa a todos os focenses anualmente preto de 54.000 euros por tódolos conceptos, e a maiores solo recibe dous días á semana, que como din moitos veciños e veciñas, saca as ganas de acercarse a Casa Consistorial.

Exit mobile version