Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Ribadeo asegura que existen cemiterios de rodas e neumáticos vellos no rural e zonas periurbanas

NOTA DE PRENSA

RESPOSTA ÁS DECLARACIÓNS DO CONCELLEIRO DE MEDIOAMBIENTE

Declaracións da Secretaria de Organización da Executiva Mari Toni Loureiro

En resposta ás declaracións feitas polo Concelleiro de Medio Ambiente con referencia ás propostas do PSdeG de Ribadeo, decir que nos alendamos que se dé continuidade ao programa de compostaxe doméstico iniciado fai anos, e que tiña visos de quedar esquecido a pesares de dispoñer dun gabinete de prensa pagado cos nosos impostos e que nos converte en pioneiros en comunicación.

Por outra banda, parécenos ben que recoñeza a existencia dun problema cós vertedoiros de rodas e neumáticos vellos pero iso non é suficiente. Lémbrolle que as persoas que ostentan cargos públicos e que foron elexidas pola veciñanza, correspóndelles loitar por resolvelos seus problemas pois para iso depositaron a confianza neles e non chega con intentalo unha vez, ou só facer de intermediarios ou descargar as súas obrigas nas outras Administracións.

Sabemos dás dificultades económicas que está a sofrir o Concello de Ribadeo, e que posiblemente se vexan incrementadas nun futuro moi próximo, mais estas non deberían ser argumento para que o Concelleiro deixe de ser o que máis traballa de toda Galicia na procura de solucións nun problema notorio que existe na zona rural. A boa xestión non radica soamente na cantidade de recursos de que se dispón.

Dende o PSdeG de Ribadeo estamos dispostos a sumar esforzos comunicándolle a problemática existente cós cemiterios de rodas e neumáticos vellos no rural e zonas periurbanas perante a Área de Actuación de Medio Ambiente e Enerxías Renovables da Deputación de Lugo.

Exit mobile version