Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Ribadeo pide considerar a posibilidade de adherirse á bolsa de vivendas de prezo taxado

Nota de prensa:

DECLARACIÓNS DO PORTAVOZ MUNICIPAL EDUARDO GUTIERREZ

OPINA QUE DEBERÍA CONSIDERARSE A POSIBILIDADE DE ADHERIRSE Á BOLSA DE VIVENDAS DE PREZO TAXADO

Está pasando un tanto desapercibida a posibilidade de acollerse á Bolsa de Vivendas de Prezo Taxado, presentada como unha resposta que facilite o acceso á vivenda ao tempo que pode axudar a comercializar o stock de vivendas existente, facilitando a sua saída ao mercado, moi mermado nestes temos de crise. Ao programa poden adherirse promotores, entidades inmobiliarias, entidades financeiras e Concellos.

As ventaxas para os que acceden á vivenda, tanto en réxime de venda como de aluguer con opción de compra, é o prezo taxado, similar ao da vivenda protexida, aforrar os gastos de notario e rexistro e bonificación do 40% do IBI nos catro primeiros anos desde a compra, nos concellos que se sumen á bolsa, sen esquecer a mellora no financiamento para os adquirentes. Pola sua banda os promotores poderian darlle saida ás vivendas baleiras. E para os Concellos arbitrar unha medida de reactivación económica e por conseguinte xerar actividade e fixar poboación.

No caso do noso Concello, opinamos que se debería estudar con detalle esta iniciativa, tendo en conta que se dan as posibilidades para, cando menos intentalo, ou sondear a disposición tanto de promotores como de entidades financeiras, que son os outros elementos necesarios, xunto co propio Concello e mais o Instituto Galego da Vivenda e do Solo, do que tamén se debería solicitar unha ampliación de información sobre os trámites oportunos

Exit mobile version