Site icon Crónica3.com A Mariña

O venres 30 de marzo serán as probas de acceso a Ciclos Formativos de Grao Superior no IES Perdouro de Burela

Probas de acceso a CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR.

Celebración da proba: Mañá Venres 30 de MARZO de 2012

Lugar de celebración na Mariña: IES PERDOURO

Presentación.
– Ás 9:00 horas.

Parte común da proba.
– Das 10:15 ás 13:45 horas (matemáticas, lingua galega e lingua castelá).

Parte específica da proba.
– Das 16:00 ás 18:30 horas: materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo.

En cada chamamento as persoas inscritas estarán situadas na porta da entrada ao edificio principal á espera de instruccións do tribunal.

As persoas que estean exentas de realizar a parte común acudirán directamente ao chamamento antes das 16:00 horas.
As persoas que estean exentas de realizar a parte específica acudirán soamente ao chamamento das 9:00 horas.
As persoas que estean exentas das dúas partes non terán que acudir á celebración da proba.

As persoas que acudan ás probas procurarán estar nas inmediacións do centro coa antelación suficiente, tendo en conta os problemas de aparcadoiro que poidan xurdir, xa que estamos a carón do Hospital da Costa.

máis información nos enderezos:

http://www.edu.xunta.es/centros/iesperdouro/
http://www.edu.xunta.es/fp/

Exit mobile version