Site icon Crónica3.com A Mariña

Os burelaos consumen un 19% menos de auga que hai dez anos

Nota de prensa:
O CONSUMO MEDIO DE AUGA NOS FOGARES BURELESES SITUÓUSE EN 134 LITROS POR HABITANTE EN 2011.

Burela, 22 de marzo de 2012. O esforzo de sensibilización ambiental promovido pola Delegación de Medio Ambiente na última década reflíctese no indicador de consumo dos fogares bureleses.

A concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo, sinalou que “si ben de por sí é significativo o ratio de auga consumido por burelés, 134 litros/ano en 2011, esta cifra é inferior á media galega e estatal de 139 e 149 litros respectivamente, máis relevante é constatar o descenso do consumo medio municipal que na última década conseguiu descender en casi un 19%, xa que no 2002 o consumo burelés por habitante e ano situábase en 165 litros”.

A edil popular recalcou “a necesidade de seguir traballando en pro dunha xestión de uso do recurso en vez dunha xestión de demanda do mesmo, xa que non podemos obviar que se trata dun recurso finito”. E confirmou “a determinación de continuar coa reedición do programa de acción Ti podes dar vida, aforra auga, que tras o seu inicio no ano 2007 tan só tivo continuidade ata o 2009”.

Exit mobile version