Site icon Crónica3.com A Mariña

Os escolares do CEIP Pedrosa Latas de Celeiro visitaron o proxecto didáctico Regal-Xunqueira

COMUNICADO DE REGALXUNQUEIRA

O Proxecto didáctico de REGAL XUNQUEIRA en Viveiro, a semana pasada tivo unha nova visita dos escolores do colexio PEDROSA LATAS de Celeiro, neste caso acompañados póla AMPA, que foi a encargada de organizar a visita e colabourou activamente acompañando os 54 alumnos participantes en cada unha das actividades que foron desenrolando ó largo da tarde.

Os nenos comprenden que o barro é un ingrediente fundamental para a creatividade, que esta arte atópase presente en todalas civilizacións e que tanto pola súa banda artesanal como pola súa calidade como material pódese atopar en todolos ámbitos da vida, desde os máis domésticos ata naqueles nos que se desenvolve a tecnoloxía máis vangardista.

No programa os escolares visitan o taller, museo da cerámica, museo do coiro, a exposición temporal ARTISTAS GALEGOS, xunto a os pais neste caso e compañeiros e gozan de ser “ceramistas por un día”. Explícaselles de forma amena e didáctica o funcionamento do Taller de Cerámica REGAL e os procesos que ven implicados na realización dun xarron ou dunha obra de cerámica. Como remate da visita, cada alumno ten a oportunidade de elaborar as súas propias creacións, que unha vez cocidas son entregadas a cada un deles.

Exit mobile version