Site icon Crónica3.com A Mariña

Patada á cultura en Foz


Patada á cultura en Foz.

Foz, Lalín, Monforte e Cangas do Morrazo sofreron unha traizón a súa tradición, pois as respectivas feiras do libro foron eliminadas, como non, polo implacable tixeiretazo da Xunta de Galicia.

Na nosa vila esta tradición xa cumprira as vodas de prata, e foi envellecendo xunto cos seus estiletes, xente moi coñecida en Foz que esperemos non se agochen e loiten por celebrar un ano máis esta nosa feira. Gran tristeza que non haxa unha mostra de rebeldía cando de sobra hai carácter, gran tristeza cando non se expresa nin un ápice de desconformidade. ¡Querémolos escoitar!

É totalmente necesario que a voz da cultura focense se levante, e en plan “manifesto”, deixar claro que en cultura e tradición non se recorta.

Pululan posturas coherentes de concellos como Monforte que van facer todo o posible para a organización de dita feira. Pero a experiencia móstranos que nesta vila o que diga a Xunta vai á misa, e esta xente que vaga polo Concello de Foz non serán quen de liderar o “manifesto”.

Outra lousa enriba do lombo do equipo de goberno, que pouco a pouco se van decantando e decatando de que si non se outorga inversión para unha feira do libro como van facer para un macroproxecto de reorganización da zona portuaria.

M.M. Fernández

Exit mobile version