Site icon Crónica3.com A Mariña

Postura do PSOE de Ribadeo sobre o plan de axuste

POSTURA DO PSdeG SOBRE O PLAN DE AXUSTE

Declaracións do portavoz municipal, Eduardo Gutiérrez

Votamos en contra do Plan de Axuste, e tamén o fixo o resto da oposición. Pola nosa parte, explicamos que os axustes propostos parten da análise do exercicio do 2011, pero a estas alturas descoñecemos o resultado da Conta Xeral deste exercicio. Pero, fundamentalmente, botamos de menos medidas reales de aforro. Pola contra apréciase un incremento da presión fiscal considerable e, ademais a longo prazo. Por exemplo, a subida do IBI que en principio era temporal para os anos 2012 e 2013 vai manterse máis aló dese período.

Por outra banda a estimación de ingresos parte de considerar a aprobación do Plan Xeral como fonte recadatoria e baséase tamén nunhas estimacións por taxas de licencias urbanísticas e construcións esaxeradas, por non calificalas de timoratas. Partindo do 2011 calculan que no 2016 incrementarán a recadación por estes conceptos en 200.000 euros e no 2022 nada menos que un millón de euros. Francamente, cremos que se trata dun ataque de optimismo, absolutamente fantasioso.

En canto á estimación de gastos, non atopamos xestos significativos en capítulos tan importantes como persoal. Falan de que se está negociando unha nova Relación de Postos de Traballo que vai repercutir no aforro municipal, pero á hora de concretar dito suposto aforrro cifrano en 30.000 euros, ou sexa apenas un posto de traballo, o que nos leva a pensar que o proceso de aumento da plantilla vai seguir.

Nós estimamos no que vale o traballo feito pola intervención municipal e o resto do equipo e asi o fixemos saber durante a sesión. Tiveron pouco tempo para facer frente ás esixencias cambiantes e improvisadas do Goberno do Estado. Pero tamén ás imposicións políticas do goberno muncipal, ou sexa non tocar o persoal de gabinete e consolidar prazas innecesarias.

Exit mobile version