Site icon Crónica3.com A Mariña

Representantes de APAs de toda a provincia convocados a asemblea xeral da FAPACEL

Nota de prensa

Comunicado de prensa

Representantes de APAs de toda a provincia están convocados a Asemblea Xeral da FAPACEL este sábado

Este sabado, 17 de marzo, a FAPACEL (Federacion Provincial de APAS de centros públicos de Lugo) celebrará a súa Asemblea Xeral na súa sede sita no colexio Virxe da Soidade (As Gandaras) de Lugo ás 10 horas.

Nesta cita anual, a FAPACEL someterá á consideración dos asistentes todos aqueles documentos de tramitación asemblearia, para o seu analise e aprobación: a memoria de actividades e balance económico 2011, así como proxecto de actividades e orzamento para o 2012.

Pero si as asembleas xerais son unha cita estatutaria de obrigado cumprimento, ainda mais importante é a oportunidade que representa que os representantes de APAs da provincia de Lugo poidan expresar a sua opinión, debater e propoñer todas aquelas cuestions de interés. O momento e único. O sabado, pais e nais de alumnado realizaremos una valoración da situación actual pola que atravesan os nosos centros, analizando aspectos como o cumprimento dos prazos establecidos para o pago dos gastos de mantemento; o cumprimento das sustituciones de profesorado de acordo cos prazos legais; a convocatoria de axudas para la adquisición de libros de texto; convocar os programas de reforzo e apoio; establecer desdobres e impedir o incremento do número de alumnos por aula.

Igualmente, a FAPACEL analizará a problemática suscitada entorno a suspensión nalguns centros de actividades extraescolares e complementarias programadas en las Programación Xeral Anual.

Exit mobile version