Site icon Crónica3.com A Mariña

UDIVAL resposta ao alcalde do Valadouro polos danos nos camiños

Nota de prensa:

Quero deixar claro que os equipos forestais que traballan conmigo levan cortando madeira aquí e, polo tanto usando os camiños, máis de cinco anos e que, aínda que algunha vez surxiron problemas, solucionáronse sen intervención municipal.

Sobre as acusacións de múltiples danos vertidas contra mín por D. Lamela, só quero aclarar que cando foi consciente das roturas de tuberías das que fala o lóxico era que, como representante municipal, se puxera en contacto coa empresa causante (portuguesa ou española) ANTES de facer nada. Eso é o que faría calquer alcalde, pero nestes meses quedou claro que a él gustalle máis xogar a Super Mario Bros, ir ao camiño coa “súa pala” e dirixir o arreglo para que o vexan os veciños e queden pensando o “boiño” que é e que crean que “os portugueses e María José de Lourenzo” negáronse a relizar ese arreglo, cando a realidade é que nunca se puxo en contacto con nós.

¿Por qué non fala vostede dos múltiples camiños que se arreglaron dende que a Asociación de Productores funciona ou de como este verán as motobombas utilizaron esos camiños para chegar as zoas de incendios?. ¿Non recorda eso?.

Se seguimos así, con D. Lamela como alcalde, os veciños nin siquiera van a poder sacar a madeira dos seus montes coa repercusión económica que eso vai supoñer, pois a maior riqueza que ten este Val é o sector forestal e as explotacións de montes forman parte do noso día a día.

Non lle permito ao Alcalde que fale mal da xente que traballa nos equipos de corta. Todos, os de aquí e os de fora, están a gañar o pan, non a facer danos. Poido asegurar que non é un traballo sinxelo e gracias a eles entran moitos cartos nas casas do Val, así que si algunha vez hai un percance que ten que arreglar as máquinas do concello (pagadas cos cartos de todos os veciños, tamén dos propietarios de montes) non é para poñer o grito na prensa, senon para falalo como persoas.

D. José xa é hora de que se percate de que vostede é alcalde dun pobo puramente forestal e non director dun área recreativa.

Finalmente aclarar que tanto ataque persoal xa cansa. Unir esta acusación directa da desfeita de camiños e traidas de Valadouro (parezo o cabalo de Atila), co feito de que para conseguir unha licencia de reforma tardei sete meses e con que os únicos contenedores soterrados que se puxeron literalmente diante dunha porta (e que D. Lamela agora se nega a retirar pese a un acordo plenario) están frenta a casa dunha persoa moi próxima a mín, pode dar pé a que calquer veciño (por suposto mal pensado) poida deducir que está abusando da súa autoridade e acosándome. Pregúntome: “¿Qué estará por vir?”.

Exit mobile version