Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo é o municipio da Mariña con máis demanda de vivendas sociais, afirma o PP

Nota de prensa:

O artigo 47 da constitución determina que tódolos españois temos dereito a unha vivenda digna e axeitada e que os poderes públicos promoverán os medios necesarios para facer efectivo este dereito. O impulso que o investimento en vivenda supón para a sociedade ten un beneficio social e económico, xa que favorece a fixación de poboación en condicións de calidade e benestar supervisados, en último termo, polo Estado. As condicións económicas que moitas familias teñen que soportar, no pasado e no presente, impiden acceder a unha vivenda.

O Intituto Galego de Vivenda e Solo presenta un rexistro único de peticionarios como un instrumento que ofrece datos fiables sobre a demanda real de vivendas. Na provincia de Lugo o actual conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández, entregará 600 vivendas protexidas, antes de que remate oficialmente a súa lexislatura en marzo de 2013. Pero as axudas da Xunta non só se reducen a estes aspectos. O compromiso deste Goberno vai máis alá, e no que vai de mandato máis de 350 vivendas de Ribadeo se beneficiaron de distintas subvencións para rehabilitación ó abeiro do Plan de Vivenda.

Ribadeo é o municipio de toda a Mariña cun maior número de solicitudes de ocupación de vivendas sociais. Os datos do Instituto Galego de Vivenda e Solo falan de 226 perticións. O pasado venres 24 de febreiro, 29 familias do noso pobo recibiron de mans do Conselleiro, do Director do Instituto e do rexedor ribadense as escrituras de propiedade das súas vivendas. 29 novas vivendas que foron proxectadas en 2005 e que viñan a sumarse as 80 vivendas protexidas que foron proxectadas, construídas e entregadas durante o goberno do Partido Popular.

Pero este labor comezado fai tempo non pode rematar aquí, e para seguir adiante faise necesario pasar pola aprobación do PXOM e o PEPRI. Nesta tarefa están implicadas todas as forzas políticas do noso Concello, e supón unha responsabilidade e un esforzo que debemos asumir con rigor, profesionalidade e con conciencia clara de futuro. Non pode haber intereses de partido ou ideolóxicos no camiño de futuro dunha comunidade. Só así este labor político concreto culmina cun acto gozoso como é o da entrega das propiedades ós cidadáns beneficiados, como o que puidemos presenciar fai uns días en Ribadeo.

Exit mobile version