Éxito da Ruta das Mareas que se desenvolvía o pasado sábado, 10 de marzo, polos areais de Barreiros. A actividade consistiu en realizar unha ruta a pé coincidindo coa baixamar máis importante de todo ano 2012 desde a praia Anguieira ata Arealonga. A ruta tivo un carácter cultural didáctico porque o guía, Suso O Marqués, lembrou os nomes dos areais, penas, fontes, regatos, castros e outros accidentes xeográficos.