Nota de prensa
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Barreiros, 8 de marzo de 2012. O departamento de Servizos Sociais do Concello de Barreiros organiza varios actos para conmemorar o día internacional da muller que se desenvolverán o vindeiro 11 de marzo.
O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro acollerá o vindeiro domingo, 11 de marzo, a partires das 18 horas a representación da obra de teatro As novas: especial folga feminina. E a continuación terá lugar a entrega de premios do III certame de poesía A miña nai, muller traballadora no que participaron os nenos de 4º, 5º e 6º dos CEIP de San Cosme de Barreiros e de San Miguel de Reinante.
Na organización destes actos participan as Concellerías de Sanidade e Servizos Sociais, e Familia e Muller e colabora a rede de voluntariado local do Concello de Barreiros