Site icon Crónica3.com A Mariña

PizzBur organiza un “Show cooking” da Galipizza na feira Alimentaria en Barcelona

PIZZBUR CELEBRA MAÑANA MÉRCOLES 28 DE MARZO UN ‘SHOW COOKING’ DA GALIPIZZA NO SEU STAND DA FEIRA ALIMENTARIA

A empresa PIZZBUR terá mañá un protagonismo especial dentro do Salón Internacional da Alimentación e Bebidas, Alimentaria 2012, que se está celebrando en Barcelona.

Durante o terceiro día de Alimentaria, Salón Internacional da Alimentación, a empresa mariñana PIZZBUR protagonizará un dos múltiples eventos da feira, celebrando no seu stand ás 13h30 un ‘show cooking’ da Galipizza. Trátase dunha demostración de cociña en directo diante do público, para dar a coñecer os seus ingredientes autóctonos e o xeito tradicional no que se elabora.

A empresa PIZZBUR está presente co seu propio stand nesta feria, promocionando a posta en marcha do seu negocio en franquía e sobre todo dando a coñecer os seus propios produtos, como as Galipizzas, as hamburguesas Galizbur ou o seu modelo de negocio.

A súa presencia en Alimentaria está resultando moi satisfactoria, xa que algúns dos seus produtos, como as Galipizzas, si que están a chamar a atención tanto dos visitantes coma dos medios de comunicación, aparecendo mencións xa nalgunhas televisións de ámbito nacional.

Exit mobile version