Site icon Crónica3.com A Mariña

Surfrider Fundatión, Concello de Barreiros e Augas Santas Kite Surf organizan a limpeza da praia de Altar

Nota de prensa

ALFONSO FUENTE E ÓSCAR GARCÍA PRESENTARON ESTA MAÑÁ A LIMPEZA DA PRAIA DE ALTAR QUE SE REALIZARÁ O VINDEIRO SÁBADO, 24 DE MARZO. O ACTO ESTÁ ORGANIZADO POR SURFRIDER FUNDATION COA COLABORACIÓN DO CONCELLO DE BARREIROS E AUGAS SANTAS KITE SURF.

Barreiros, 21 de marzo de 2011. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, e o responsable de Augas Santas Kite Surf, Óscar García, presentaron na praza do Concello un acto que se desenvolverá o vindeiro sábado, 24 de marzo. Está organizado pola SurfRider Fundation, en colaboración con Augas Santas Kite Surf e o Concello. Trátase da limpeza da praia de Altar, que se desenvolverá a partires das 11:30 da mañá co obxectivo de conservar e concienciar á xente do bó uso que debe facer das praias.

Óscar García explicou que “é o segundo ano que levamos adiante esta iniciativa, nós como clube de kite surf, pioneiro en Lugo, pensamos que lle debemos agradecer ao mar tantas ledicias que nos da dalgún xeito. E pensamos que a mellor forma de facelo é colaborando na limpeza da praia de Altar”.

Os traballos de limpeza darán comezo ás 11:30 da mañá. García sinalou que “a esa hora repartiremos o material aportado por SurfRider Fundation, que é fundación encargada de limpeza de praias que ten sede en Biarritz, en Francia. Nós o que faremos é distribuir bolsas para recoller plásticos e o resto do lixo que poida haber neste areal, haberá tamén unhas charlas e cando remate lles contaremos a todos os asistentes que o clube Augas Santas Kite organizará bautismos de kite surf gratuitos para todos eles”.

Óscar García engadiu que “os que queiran participar na limpeza deste areal poden achegarse á praia ás 11:30 da mañá do sábado ou anotarse chamando ao teléfono 676 761 381”. Augas Santas Kite Surf adheríuse hai cinco anos á SurfRider Fundation “e consideramos estas accións medioambientais importantísimas porque o surf non é só disfrutar das ondas, senón tamén concienciar á xente para que manteña as praias limpas. Tendo o apoio tan bó que nos presta o Concello de Barreiros e máis as condicións que temos aquí é moito máis doado traballar”.

Exit mobile version