Site icon Crónica3.com A Mariña

Técnicos do sector do turismo coñecerán paquetes turísticos das rutas de artesanía na Mariña

NOTA DE PRENSA

COMPLEXO CULTURAL
REGALXUNQUEIRA

Curva de Xunqueira-Viveiro.

Camiño Real, 127 – Xunqueira

27850 Viveiro (Lugo)

Tlf. 982 56 25 89 – Fax 982 56 04 06

ceramica@oteroregal.com

www.oteroregal.com

Mañá 24 de Marzo terán lugar uns fam trips, é dicir viaxes de familiariación nos que se darán a coñecer a distintas persoas relevantes no mundo turismo (fundamentalmente técnicos) o que serían os paquetes turísticos das rutas de Artesanía. Para isto a axencia de viaxes encargada desta parte do proxecto xa contactou cos obradoiros que se van a visitar nestes días. Serán experiencias dun día nas que se combinarán as visitas a obradoiros con outras actividades de tempo libre, e se visitarán algúns establecementos turísticos.

Participaran unha decea de técnicos entre os que podemos destacar, técnicos de Turgalicia, concretamente Santiago Vaqueriza, que leva o apartado de Turismo Rural.

Responsables do cursos internacionais da Universidade de Santiago de Compostela, membros da consultoria Promove, a técnica de turismo da Mancomunidade de Municípios da Arousa Norte, entre eles.

O programa desenrolado póla Mariña Occidental iniciase coa visita ó taller de Xoieria de Oscar Joyeros en Viveiro, posteriormente de 12,00 a 14,30 horas, estarán no Complexo RegalXunqueira onde desenrrolaran un programa de actividades, con visita ós museos, á sala de exposicions, obradoiros e un programa de introduccion á cerâmica, no que os técnicos de turismo elaboraran duas pezas de cerámica, finalizando a visita cun pequeno ágape.

A médio dia almorzaran no restaurante “O Almacen” de Cervo, e xá á tarde visitarán o obradoiro de carpinteria de Riveira de Francisco Fra en San Ciprian.

Exit mobile version