Site icon Crónica3.com A Mariña

Terras de Tovar de Santo Tomé en Lourenzá impartiu un curso de informática coa colaboración do concello e Asaja

Nota de prensa

A Asociación de Veciños Terras de Tovar de Santo Tomé, en colaboración co Concello de Lourenzá e coa Asociación Agraria Xóvenes Agricultores (Asaja Galicia) ven de impartir un curso de INFORMATICA A NIVEL USUARIO que concluiu coa entrega de diplomas aos seus alumnos e cunha gran cea de fin de curso.

O curso tivo lugar os  luns e mércores, dende as 20:30 horas ata as 23:30, cunha duración total de 30 horas. Nel, os alumnos aprendenron a manexarse por Windows, a manexar o programa Microsoft Office Word, aprenderon navegar pola rede internet, crear as súas contas de correo electrónico, etc.
Tralo éxito observado neste curso, a Asociación de Veciños Terras de Tovar espera poder impartir máis cursos deste tipo nos vindeiros tempos e poder así ofrecer máis formación a tódolos seus socios.

Exit mobile version