Site icon Crónica3.com A Mariña

Tramitan a distinción da indicación xeográfica protexida para o pemento de Piñeira e a cebola de Vilaselán

O XOVES HABERÁ XUNTANZA EN PIÑEIRA CO OBXECTIVO DE EXPLICAR O PROCEDEMENTO A SEGUIR PARA OBTER A INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA PARA O PEMENTO DE PIÑEIRA E A CEBOLA DE VILASELÁN. NO ENCONTRO PARTICIPARÁN REPRESENTANTES DE A SUCADOIRA, DO CONCELLO E DA CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL.

Ribadeo, 6 de marzo de 2012. O vindeiro xoves, 8 de marzo, ás 20:30 horas terá lugar unha reunión na escola de Piñeira na que participarán a Asociación de Produtores da Horta A Sucadoira de Ribadeo ademáis de persoal do Concello, segundo informa a Concellaría de Turismo e Desenvolvemento Local.

Na devandita xuntanza explicárase o procedemento a seguir para obter a Indicación Xeográfica Protexida para produtos como o pemento de Piñeira e a cebola de Vilaselán, “para elo participarán persoal do Servizo de Control de Calidade Agroalimentaria e Industrias da Consellería de Medio Rural en Lugo, entre os que estará o xefe de servizo Jose Mouriño”.

A reunión será aberta e convócase a todos/as aqueles produtores/as ou a outros/as interesados/as en participar.

Exit mobile version