Site icon Crónica3.com A Mariña

Tropezón do segundo clasificado da Liga Senior de Bolos de Xove que non conseguiu puntuar

Nota de prensa

XXIIIª TIRADA DE BOLOS – XIIª SUB 16 –  IIIª LIGA FEMININA

(TEMPORADA  2011/2012)

Organiza:    Concellería de Cultura do Concello de Xove

Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove

INCIDENCIAS DA 16ª  TIRADA

(CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ – Sábado, 3 de marzo de 2012)

CAMPEONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE  VILACHÁ (3 MARZO 2012  )

23  INSCRITOS:     NA LIGA SENIOR,     5 NA LIGA SUB 16  E     7  NA LIGA FEMININA

CLASIFICACION NOME TANTOS PUNTOS
LIGA SENIOR
PRIMEIRO GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ 239 12
SEGUNDO JOSE VIGO LAGE 229 10
TERCEIRO MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA 226 8
CUARTO ARTURO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ 214 7
QUINTO JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ 208 6
SEXTO ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS 206 5
SÉTIMO ARTURO VIGO CASABELLA 198 4
OITAVO CÉSAR CANCELOS LÓPEZ 191 3
NOVENO JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ GALDO 189 2
DÉCIMO MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ 186 1
MELLOR BOLADA ARTURO VIGO CASABELLA 92 1
LIGA SUB 16
PRMEIRO DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ 172 6
SEGUNDO ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ 130 4
TERCEIRO RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO 39 3
CUARTO CRISTÓBAL RIVAS CAMPO 30 2
QUINTO LARA RODRÍGUEZ BAÑO 27 1
MELLOR BOLADA DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ 69 1
LIGA FEMININA
PRMEIRO DOLORES BAÑO FRAGA 124 6
SEGUNDO CARMEN ROCA CORRAL 120 4
TERCEIRO BELÉN MEITÍN ROUCO 107 3
CUARTO CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ 99 2
QUINTO LEONOR CASABELLA FERNÁNDEZ 81 1
MELLOR BOLADA CARMEN ROCA CORRAL 62 1

Liga Senior Masculina.- O máis interesante desta tirada foi o fiasco do segundo clasificado, quen non foi siquer capaz de puntuar. Francisco Pérez, que estaba a realizar unha segunda volta da Liga estupenda, con opcións incluso de acceder ao liderato, veu truncada a súa racha debido a que fallou totalmente na terceira bolada, dahí que ao non  puntuar, e si facelo o líder Arturo Vigo, quédase a 17 puntos, a falla dun máximo de 26 puntos por disputar (12+1 e 12+1) das tiradas de Morás e Sumoas. Por detrais, en terceira posición temos a José Rafael González, a 15 puntos de Francisco, que tamén ten moi difícil, inda que non matemáticamente, subir un escalón na clasificación. Polo tanto, moito teñen que cambiar as cousas nas duas tiradas que faltan para que varíe a clasificación nos tres primeiros postos.  Outro feito destacado desta tirada foi o ascenso dende a 8ª á 4ª posición de Jose Vigo, gracias aos 10 puntos obtidos nesta tirada.

Liga Senior Feminina.- Victoria de Dolores Baño que lle permite afianzarse na terceira posición, pero nada máis. A segunda posición nesta tirada e a mellor bolada, permítenlle á líder Carmen Roca afianzar a súa posición e aumentar a ventaxa con respecto á Belén Meitín,  sendo agora de 8 puntos, o que a falla de dúas tiradas, pode ser definitivo. Vai ser moi difícil que Belén lle saque eses 8 puntos a Carmen nas tiradas que quedan, pero bueno, matemáticamente inda é posible.

Liga Sub 16.- Salomé non participou nesta tirada, pero inda así dispón dunha ampla renda de 10 puntos sobre o seu inmediato perseguidor Daniel López. Daniel realizou unha estupenda tirada neste campo, cun tanteo realmente espectacular, o que lle permiteu ademáis facerse, polo momento, coa mellor bolada de todo o campionato nesta categoría. Os 69 puntos da mellor bolada de Daniel vai ser difícil que sexan batidos nas dúas tiradas que quedan. Por outra banda, Daniel sigue a pelexa con Isaias Cardoso pola segunda posición final, ampliando esta semana a súa vantaxe de 1 a 4 puntos, os cales poden ser moi importantes ao final, dado as poucas probas que quedan.

A vindeira tirada terémola o SÁBADO 11 DE MARZO NO CAMPO DO CENTRO SOCIAL DE MORÁS.

Exit mobile version