Site icon Crónica3.com A Mariña

Un alumno do IES de Foz participa no campionato galego de agaba

UN ALUMNO DO IES DE FOZ PARTICIPA NO CAMPIONATO GALEGO DE AGABA

Pablo Donis Cociña, alumno de 2º de Servizos de Restauración, participa este sábado no Campionato Galego de AGABA (Asociación Galega de Barmen). O concurso ten lugar o 31 de marzo ás 16:00 no Hostal dos Reis Católicos.

No concurso compítese con dúas receitas, unha de creación libre onde se elaboran cinco doses da bebida, e un cóctel de creación tamén libre pero onde a base da creación é o Augardente de Galicia e da cal fará dúas doses.

De clasificarse entre os seis mellores terá a posibilidade de competir na final.

Todo o noso ánimo para o noso alumno e moita sorte.

Remitido

Exit mobile version