Site icon Crónica3.com A Mariña

Un novo curso de informática comezará na vindeira semana no concello de Burela

A Aula da Rede CeMIT acollerá un curso de alfabetización dixital na semana que vai do 26 de marzo ao 1 de abril. O curso “Alfabetización dixital: Procesador de Textos” iniciarase o día 26 de marzo e rematará o 4 de abril. O seu horario será de luns a venres de 11:00 a 12:30 horas. Para inscribirse ou para solicitar máis información dirixirse á Aula CeMIT de Burela sita na Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.burela@xunta.es

Exit mobile version