Site icon Crónica3.com A Mariña

Unifoz aprecia secuestro de debate e criterio por parte do equipo de goberno de Foz e pide un regulamento orgánico

Nota de prensa

SR. ALCALDE.

Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela en representación do grupo Municipal UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside e no seu nome o seu portavoz Jaime Cancio Rodríguez

EXPÓN:

Que dende as pasadas eleccións municipais e coa formación do actual goberno municipal, so numerosas e variadas as dificultades no que respecta ao funcionamento político da corporación polas numerosas mostras de secuestro de debate e criterio por parte do E.Goberno Municipal.

Que o Concello de Foz, non dispón dun REGULAMENTO ORGÁNICO, que sexa garante de criterios obxectivos no que respecta ao funcionamento político da Corporación, procedendo ao funcionamento segundo costumes herdadas de anteriores corporacións. Por todo o exposto é polo que sometemos a debate da corporación a seguinte MOCION para que a mesma acorde a aprobación do inicio de elaboración dun REGULAMENTO ORGÁNICO, amparado ao abeiro do disposto no artigo 4.1 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, que lles recoñece aos entes locais a potestade de autoorganización, así como no artigo 22 –d da Lei 57/2003 do 16 de decembro.

Exit mobile version