Site icon Crónica3.com A Mariña

Unifoz contra a imposición de pago de facturas e subida do IBI que atenta contra autonomía municipal e endebeda aos concellos

UNIFOZ, quere facer pública a súa postura para coñecemento dos veciños/as de Foz no que respecta a aplicación do establecido no Real Decreto –Lei 4/2012 de 24 de febreiro e en consecuencia o PLAN DE AXUSTE.

UNIFOZ, considera que tanto esta Lei que obriga ás entidades locais a pagar as facturas pendentes de pago ata 31/12/2012, como a imposición da subida do I.B.I, atenta contra a autonomía municipal, e endebeda máis aos concellos,( en Foz pasa do 17,17 % ao 36,68 %) e por conseguinte é un imposto máis indirecto para os veciños , que terán que soportar vía impostos no caso de Foz 430.265.,94 €, correspondente aos intereses que nos custará o préstamo ao que o concello ten que acollerse para pagar nos vindeiros 10 anos.

Dende o E.Goberno do PP de Foz, se nos deu a coñecer un plan de axuste que incluía as seguintes medidas:

INGRESOS:

Incremento do IBI o 10% durante 10 anos (ata 2022

Incremento do IVTM o 2% durante 10 anos

Incremento da taxa de abastecemento de auga potable un 33% en 3 anos

Implantación de taxa por depuración de 7 €/bimestre máis 0’10 por consumo de m3 de auga

Incremento por escolas deportivas a 20 € e posteriormente un 2% anual

Implantación taxa de utilización de pavillón municipal

Implantación de taxa de actividades culturais 5 € por actuación e 10 € para cursos.

Incremento de prezo público de publicidade en Radiofoz dun 100 %

Incremento do prezo público da E. Música dun 200 %

No apartado de gastos practicamente son pouco significativos e o Sr Alcalde parece non está por ese tema,como o demostra que non ano que fai xa que están gobernando non se acordaron de reducir nas festas por exemplo onde presentaron un déficit de preto de 60.000 €,ou na asistencia de dúas persoas a Fitur a conta do Concello,nin en outros apartados,baseando o plan de axuste so nos ingreso a consta de subir os impostos os veciños.

UNIFOZ, considera que a aplicación de este plan para os veciños, pensado so en recadar máis a costa de que os veciños paguen máis, e unha agresión económica para os veciños en xeral e un atentado para os máis necesitados en particular, pois ao marxe de estas medidas hai que incluír a situación das familias, e a subida da vida de un 10% que terán que soportar pola subida da luz, butano, combustibles..

UNIFOZ, ante esta situación quere plantexarlle ao desgoberno de Foz, que na posición de axudar a gobernar e ante a falta de ideas do E.Goberno, as seguintes propostas para o plan de axuste e que estariamos en disposición de apoiar:

Ingresos:

Implantación de taxa por depuración de 7 €/bimestre máis 0’10 por consumo de m3 de auga, por considerar que é algo que xa tiña que estar implantada antes de haber adxudicado a concesión a empresa concesionaria de mantemento das EDAR, ao mesmo tempo esiximos que se tomen medidas para que a depuración funcione correctamente.

Neste apartado haberá que incluír a subida do 10% durante 2012 e 2013 do IBI, imposto polo goberno do Sr Rajoy

Actualizar o prezo da taxa de abastecemento de auga potable segundo figura no contrato de concesión asinado no seu momento.

Modificar , regular e organizar a taxa de bados, e entrada de vehículos.

Gastos:

Reducir a partida de festexos de 120.000 € a 60.000 € (aforro de 60.000 €)

Amortizar as prazas vacantes que hai en estes momentos.( aforro de 80.000 €)

Reorganización de persoal da recollida de lixo para traballos de xardinería e eliminación do contrato con Tecnoxardín.(aforro de 60.000 €)

Convenio con universidade para Auditoría de aforro enerxético e eliminación da contratada .(aforro 60.000 €)

Desminución de partidas de publicidade e de gastos protocolarios en 17.000 € (aforro 17.000 €)

Reorganización de planificación da E.Musica, facendo a contratación de persoal en función da demanda.

Regulación de acendidos e apagados de alumeados públicos , para que non funcionen de día.

Reorganización de edificios públicos con criterios de eficacia.

Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela

Remitido

Exit mobile version