Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ reitera que o goberno de Foz segue á deriva e sen rumbo

Nota de prensa:

O GOBERNO DE FOZ, SEGUE A DERIVA E SEN RUMBO.

Falta de iniciativa política: Algo que se pode ver nas convocatorias de plenos, que si non houbera mocións dos grupos, so teriamos como puntos , aprobación da acta e rogos e preguntas.

Parálise administrativo , como o demostra que nin contesta aos escritos, e fai preto dun mes que se convocou unha praza de Axuda no fogar, e ao día de hoxe aínda non se sabe cando se resolverá.

Deixadez no mantemento dos servizos básicos, como o demostra que segue habendo contedores de vidro e plástico totalmente desbordados con residuos polo chan e sen recoller.

Falla de planificación e desorganización, a pesar de contratar unha empresa externa de fora do concello para traballos de xardinería, os paseos de Cangas, Nois, areas de Fazouro e paseo de Malates están sen mantemento, así como a limpeza das rúas .

Esquecemento dos parados/as, como o demostra as nulas políticas de emprego e a negativa a debater en pleno a proposta de PSOE e UNIFOZ de un plan de Emprego para Foz.

Falla de consideración coas persoas máis necesitadas, como o demostra a precaria situación na que se encontra o servizo de Axuda no Fogar, con so dúas persoas para atender as familias necesitadas.

Falla de conciencia enerxética fai uns días que se contrata unha auditoría enerxética cun técnico por 60.000 €, xunto cunha axuda da Xunta de Galicia para este tema e resulta que os LETREIROS DO ENTRODIDO ao día de hoxe seguen conectados e facendo un derroche de enerxía que temos que pagar todos os veciños..

Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela

Exit mobile version