Site icon Crónica3.com A Mariña

Unifoz solicita que se tomen as medidas para a conservación e se proceda a limpeza da area recreativa de Río

Nota de prensa
Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela en representación do grupo Municipal UNIFOZ e no seu nome Jaime Cancio Rodríguez como portavoz de UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside, ao amparo do disposto no artigo 14 e seguintes do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais e no exercicio do Dereito Fundamental, recollido no artigo 23.1 da Constitución no que se recoñece o dereito fundamental dos cidadáns de participar nos asuntos públicos por medio dos representantes libremente elixidos nas eleccións por sufraxio universal.

EXPÓN:

Que unha vez máis temos que denunciar publicamente a información que nos comunican os veciños da pouca ou nula atención que se está a facer por parte do E.Goberno de Foz polo mantemento de zonas de recreo, a pesar que para tal fin, se contratou unha empresa externa para estes traballos no que por lo menos se gastou máis de 60.000 €.

Neste caso ,nos estamos a referir a A.Recreativa de Río, e axuntamos fotos como testemuña da situación na que se encontra, pois segundo nos comentan os veciños xa comunicaron esta situación ao Concello pero ninguén lle fai caso.

Todo isto está a pasar pola falla de planificación e organización dos medios dispoñibles de este E.Goberno que fai o mantemento das areas de recreo segundo os veciños proceden a facer denuncia pública e non segundo un planing concreto de necesidades .Por todo o exposto

SOLICITA:

Que se tomen as medidas oportunas e se proceda a limpeza da A.recreativa de Río, e se tomen as medidas oportunas para a súa conservación.

Exit mobile version