Site icon Crónica3.com A Mariña

Vivan as cadeas!

” VIVAN AS CADEAS! ”


Algúns argumentos que escoitei nestes días e algunhas conversacións que non puiden evitar oír, dicía o meu avó Xesus de Regal “ O que teño que oír por non ser xordo”, recordáronme o berro de ” vivan as cadeas! ” acuñado en 1814, cando regresou a España Fernando VII e quedou abolida a Constitución de 1812, que agora os herdeiros de aqueles que a bautizaron despectivamente como “A Pepa” a celebren con tanto bombo e platiño.

Partidarios do réxime absolutista utilizaron ” Vivan as cadeas! ” como lema para expresar o seu alborozo pola eliminación do sopro de liberdade que supuxo a Pepa, igualiño que sucedeu cando o golpe de Tejero ou feitos similares por parte de unha tropa do carallo que segue aí escondida na reacción, os cirios e a mala hostia conxénita.

Este ano cúmprense dous séculos das Cortes de Cádiz e en data tan sinalada como esta semana, non está de máis acordarse tamén das cadeas.

Escoitei tamén que a folga é un asunto dos sindicatos, coma se os contratos os asinasen eles, ou coma se fosen eles os únicos que fosen sufrir os acertos ou desacertos do Goberno que nos goberna ou desgoberna nestes tempos procelosos, e a min non me gusta o rumbo que leva este goberno e por iso expreso o meu descontento coa reforma, pero tamén co que me temo que vén detrás, recesión, diminución do consumo, descenso de exportacións, aumento de importacións, perdón a os chourizos dos cartos negros e en paraísos fiscais.. iso no senso económico, no social, mais paro, peor sanidade publica, peor educación, peor atención a os nosos maiores, menos cultura….

Rajoy está a facer o que era de esperar, aínda que non o dixese na campaña, e aínda que o dixese temos moito xordo de comenencia e votaríao igual, e fai e desfai coa lexitimidade da maioría absoluta. Pero pódese protestar.

A miña sorpresa vén por algunha conversación que tiven que escoitar, sigo a non estar xordo, como meu avó, sobre os malos que son os que critican a o PP, coma se o asunto non fose cos que din tales cousas, coma se non tivesen fillos, sobriños ou netos ou coma se eles mesmos non dependesen dun posto de traballo, dos impostos, das axudas sociais, da ensinanza publica, da sanidade……..

Otero Regal
.

Exit mobile version