NOTA DE PRENSA.-
O XOVES 5 DE ABRIL (XOVES SANTO), XIª FESTA DO “POLBO DA PEDRA” EN XOVE
Xa imos pola XIª edición, o que quer decir que esta Festa consolídase ano a ano, o que nos enche de orgullo. Para esta edición, que vai comezar ás 19:00 horas, ousexa, que a partires das 7 da tarde xa se vai comezar a repartir polbo, a organización dispón duns 800 kg. de polbo que vai ser preparado polos diferentes locais en multitude de variedades. Decir, neste sentido, que cada ano os distintos hosteleiros elaboran diferentes e novas recetas cada edición, co fin de sorprender aos visitantes, sen deixar tamén de cociñar o polbo nas súas formas máis tradicionais.
A organización deste evento corre a cargo dos seguintes establecementos: Pulpería O Refugio, Cafetería O Roda, Bar Pepe, Cervecería Cociña, Cafetería Centro Cívico e Mesón-Pizzería A Fuga. Contamos tamén, e non podía ser doutra maneira, co importante patrocinio e colaboración do Concello de de Xove. Para animar a festa, o mesmo que os últimos anos, contamos cos GAITEIROS DE SAIÑAS, quens van ir percorrendo coa súa música os distintos lugares da Festa; tamén a eles desexamos expresarlles o noso agradecemento.
Por último, aproveitamos para animar e invitar a participar nesta Festa, a toda a xente de Xove, da Mariña e doutros lugares que queiran, nesta data, disfrutar dunha importante e agradable xornada gastronómica.