Site icon Crónica3.com A Mariña

Xove sumase ás celebracións do Día Internacional da Muller Traballadora

CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA EN XOVE

A Concellería de Muller e Igualdade do Concello de Xove, sumándose ás celebracións do Día Internacional da Muller Traballadora, organiza para o vindeiro domingo, 11 de marzo, ás 17:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, a V CHOCOLATADA para as mulleres do Concello.

Este ano, dende o Concello quere resaltarse o TRABALLO E A APORTACIÓN DA MULLER AO SECTOR DO AGRO E DO MAR, para o cal se realizou unha presentación audiovisual que recolle mostras do traballo da Muller nestes sectores ao longo do tempo, e onde se poderá ver a evolución e modernización destas tarefas.

Dende a Concellería realizouse unha invitación a tódalas mulleres do Concello a que asistan a este acto, animándoas a participar neste evento que, basicamente, pretende recoñecer as aportacións da muller dentro da nosa sociedade.

Exit mobile version