Site icon Crónica3.com A Mariña

Xóvenes empresarios e profesionais e asesores participarán nunha xornada sobre emprendemento en Foz.

UN GRUPO DE 40 XÓVENES EMPRESARIOS DA PROVINCIA E PROFESIONAIS VENCELLADOS A ESTE ÁMBITO PARTICIPARÁN MAÑÁ EN FOZ NA XORNADA SOBRE EMPRENDEMENTO QUE PROMOVE A DELEGACIÓN TERRITORIAL E AJE LUGO

 Os responsables dos programas de emprendedores do Igape intervirán nesta actividade, na que tamén ofrecerán a súa experiencia Nilo Abad, propietario de ‘Mamut Technology’, un novo proxecto industrial radicado na Mariña que exporta xa os seus produtos ao estranxeiro

 A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, será a encargada da apertura desta iniciativa, que se desenvolverá no salón de actos do Cenima, a partir das 19.00 horas

Lugo, 25 de marzo de 2012.- Un grupo de 40 xóvenes empresarios e profesionais e asesores vencellados a este ámbito empresarial participarán na tarde de mañá na xornada sobre emprendemento e medidas de estimulo económico incluídas no Impulsa Lugo que se desenvolverá mañá nas instalacións do Cenima, no concello de Foz.

A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, será a encargada de realizar a apertura desta iniciativa organizada pola Delegación Territorial de Lugo e a Asociación de Jóvenes Empresarios de Lugo (AJE Lugo). No acto de apertura, que se levará a cabo a partir das 19.00 horas, Arias estará acompañada polo alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, e o presidente de AJE Lugo, Santiago Seijas.

A continuación, os responsables dos programas de emprendedores de que dispón a Consellería de Economía e Industria a través do Igape protagonizarán unha das ponencias da xornada. Entre outros temas, os devanditos responsables abordarán os servizos de motivación do espírito emprendedor, de formación e asesoramento dispoñibles, así como as medidas de apoio e actuacións postas en marcha desde a Xunta para fomentar a creación e a consolidación de empresas en Galicia.

Na xornada intervirá tamén como relator Nilo Abad, copropietario da empresa Mamut Tecnology, que compartirá a súa exitosa experiencia empresarial cos asistentes. Dende esta entidade, creada no ano 2010, Abad desenvolve produtos innovadores de gran valor engadido que cobren necesidades do mercado da maquinaria agrícola e forestal. Pola labor levada a cabo nos apenas dous anos de existencia, Mamut Tecnology obtivo a cualificación IEBT (como empresa de base tecnolóxica), así como varias distincións promovidas por asociacións de empresarios e entidades financieiras.

Mamut Tecnology, que pon a disposición dos seus clientes o seu departamento de enxeñaría e I+D+I para desenvolver produtos que non existen no mercado, leva xa as súas ventas a Italia. Como remate da xornada, os asistentes poderán aclarar dúbidas e intercambiar impresións cos poñentes a través dunha mesa redonda que será moderada por unha especialista técnica do Igape.

Remitido

Exit mobile version