Site icon Crónica3.com A Mariña

A a biblioteca municipal de Foz programa actividades en abril e maio con motivo das Letras

A Concelleira de Cultura de Foz, Mercedes González, informa que a Biblioteca Pública Municipal de Foz organiza unha Programación das Letras para celebrar durante os meses de abril e maio os Días do Libro e das Letras Galegas. A vindeira semana comezará cos Monicreques de Mario Tomas e a”A Princesa do Sal e outros contos de sempre”, será o xoves día 19 ás 18:30 horas na Biblioteca Municipal. Prazas limitadas. Coa colaboración do Programa Letras Vivas da Consellería de Cultura.

Exit mobile version