Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación de veciños de Celeiro de Mariñao denuncia o estado de deterioro das pistas rurais

A Asociación Veciñal de Celeiro de Mariñaos, “Irmandade San Caetano” ven de denunciar no día de hoxe a situación de deterioro na que se atopan diversas pistas rurais da mencionada parroquia, debido ao paso de camións de gran tonelaxe que están sacando dos montes madeira procedente de diversa talas.

Para os veciños e veciñas de Celeiro de Mariñaos “volve a chover sobre mollado” xa que esto veu acontecendo nos últimos anos sen que por parte do concello se artellara solución algunha para evitar esta desfeita nas pistas de concentración parcelaria cuxo firme non está capacitado para soportar pesos de 40 ou mais toneladas.

A solución, para a Asociación Veciñal de Celeiro sería que a madeira se sacara en tractores até un depósito e alí fose cargada en camións. Desde a asociación apuntan tamén a posibilidade de que o concello elabore unha Ordenanza Reguladora de carga, depósito e transporte de madeira procedente de talas.

A directiva da asociación presentará no día de hoxe un escrito no concello notificándolle esta situación á Alcaldía para que adopte as medidas oportunas ao respecto e tamén instando á Concellalía de Obras a inspeccionar os feitos denunciados.

Exit mobile version