Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación de veciños de Trasbar, en Cervo, homenaxea a Isabel Molares, mestra na localidade durante 15 anos

Recordámoslles que este domingo 29.04.2012 a partir das 17.00 h, no local social de Trasbar, terá lugar unha homenaxe a Dona Isabel Molares, mestra en Trasbar durante 15 anos (1960 – 1975).

Invitamos ao acto a todas aquelas persoas que foron alumnas desta mestra en Trasbar. As persoas que, polo motivo que sexa, non poidan estar presentes, poden facernos chegar a súa dedicatoria a esta dirección de correo electrónico. Se alguén quere entregárnola en man ese día, tamén pode facelo.

Resumo da previsión do acto: recepción, coloquios (actualidade e lembranzas), merenda e entrega de agasallos.

Está previsto repetir a foto que sae no calendario do Concello de Cervo para facer unha comparación do efecto dos anos na xente que aparece nela. E sacaremos tamén fotos con todos os alumnos asistentes e outra coa xente que nos acompañe e coa organización.

Este acto está organizado pola Asociación de veciños do burgo de Trasbar nun intento de sorprender tanto á mestra, Dª Isabel como aos antigos alumnos, que a recordan con moito cariño e facía anos que falaban de facer esta homenaxe só que non se atrevían a organizala.

Agardamos que sexa un acto moi bonito e entrañable para ambas partes.

Remitido

Exit mobile version