Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación de veciños de Trasbar, en Cervo, recuperou a celebración da Pascua cun xantar festivo

Celebración da Pascua que tivo lugar o domingo 08.04.2012 en Trasbar, organizada pola Asociación de veciños do burgo de Trasbar co fin de recuperar unha festividade que antaño se celebraba neste burgo e que hai xa uns anos que estaba esquecida.

O acto consistíu nun xantar no que participamos preto de 100 persoas e que estivo amenizado polo dúo Aguamarina.

O menú estaba composto por empanada, mexillóns, xamón cocido e milhojas de chocolate. Servido e elaborado (en parte) polos membros da Xunta Directiva da Asociación de veciños do burgo de Trasbar.

Non faltaron os tradicionais ovos de chocolate para os nenos!!

Foi, en resumo, unha xornada festiva e con sorpresas que agardamos que fose do agrado de todos/as os/as asistentes.

Así mesmo, lembrámoslles que o domingo 29.04.2012, a partir das 17.00 h terá lugar no Local social de Trasbar unha homenaxe a dona Isabel Molares, mestra en Trasbar durante 15 anos e que aqueles alumnos/as que non podan asistir ao acto, poderán enviarlle as súas dedicatorias a través do enderezo electrónico burgodetrasbar@yahoo.es.

Remitido

Remitido

Exit mobile version