A Aula da Rede CeMIT, acollerá dous cursos de alfabetización dixital impartidos polo Concello de Burela.
O martes 8 de maio iniciarase o curso “Creación de Blogs” na Aula CeMIT do Concello de Burela. O horario da actividade será de 11:00 a 12:30 horas e finalizará o luns 21. O curso “Follas de Cálculo” iniciarase o día 9, rematará o 31 e impartirase de 19:00 a 20:00 horas. Para máis información poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sita na Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo 1 ou por correo electrónico en: cemit.burela@xunta.es