A CANTANTE ANGOLANA ALINE FRAZAO COMPARTIRÁ O SÁBADO UN ENCONTRO CON MÚSICOS E ARTISTAS LOCAIS.
Trátase dunha inciativa promovida por Sonda Norte que ven a contribuir ao cumprimento dos obxectivos da plataforma e a dar valor engadido á programación de concertos que se están a desenvolver no marco do ciclo Músicas Posíbeis que organiza o Concello de Ribadeo.
Os interesados en participar neste encontro con Aline Frazão deben anotarse en sondanorte@ribadeo.org ou chamando ao teléfono 981 129 889.
Remitido