Site icon Crónica3.com A Mariña

A CIG conseguiu catro representantes de cinco para o comité de empresa de CYRGASA

A central nacionalista aumenta a maioría absoluta no Comité de Empresa desta auxiliar de Alcoa
A CIG gaña eleccións en CYRGASA

A CIG conseguiu a maioría dos votos en CYRGASA, empresa auxiliar da fábrica de Alcoa de San Cibrao, nas eleccións sindicais celebradas o pasado 20 de abril. Estaban convocados para este proceso, no que se escollían cinco delegados para o Comité, os 98 traballadores que conforman o cadro de persoal, dos cales exerceron o seu dereito de voto 83, o que representa unha participación de case un 85%.

O escrutinio deulle á Confederación Intersindical Galega 64 votos, o que supón un 77,10% de apoios. A candidatura de CCOO, o outro sindicato que participaba nestas eleccións, obtivo 17 votos, o que representa un 20% dos votos.

Traducidos estes votos a delegados, a CIG conseguiu catro dos cinco representantes que se escollían neste proceso para o Comité de Empresa, o que aumenta a maioría coa que a central nacionalista xa contaba.

Os delegados da CIG de Cyrgasa agradecemos a ampla participación e mais o apoio masivo dos traballadores. Estes resultados confirman a nosa liña sindical e ratifican o bo traballo realizado polo noso sindicato.
Resultado das eleccións

Votos % votos Delegados electos
CIG 64 77,10 4
CCOO 17 20,5 1
Brancos 2 2,4
Total 83 100 5

Participación: 85%.

Remitido

Exit mobile version