
O xoves, día 12 de abril, o programa Parolando da Radio Valadouro contou coa presenza no estudo de varios representantes da Confraría “Cristo Xacente e Virxe das Dores” de Alfoz e O Valadouro, que falaron sobre a pasada celebración da Semana Santa, na que participaron dun xeito moi activo. Estiveron presentes Cachín, Jose (o Presidente da Confraría), Concha Pico e Concha Cancio, José Ramón, Fernando Valoría e o sacerdote Fernando Monterroso. Por iniciativa da Confraría celebrouse por primeira vez unha procesión do Xoves Santo na igrexa de San Pedro, en Alfoz. Tamén participaron dun xeito moi activo nas diversas representacións da Paixón que se fixeron en Ferreira, en Santo Tomé e incluso en Foz. Por outra banda, esta xente da Confraría estreouse non hai moito no mundo do teatro, representando unha divertida obra titulada “Ladronzuelos no Belén”, que tamén se vai representar o vindeiro día 17 de maio no centro cultural de Cangas de Foz.