A Institución e Apreval asinarán un convenio de colaboración económica para a execución deste proxecto, para o que o concello cede os terreos
Antonio Veiga visitou hoxe os terreos onde se vai construír a pista para coñecer de primeira man en que consistirá a obra e a súa ubicación exacta
Lugo, 26 de abril de 2012. A Área de Benestar Social e Deporte da Deputación de Lugo, da que é responsábel o nacionalista, e vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga, vai colaborar na creación da pista de andadura ecuestre do Valadouro. Neste sentido, está previsto que a Deputación asine un convenio de colaboración con Apreval (Asociación de Promoción e Recuperación Ecuestre Val do Ouro), aínda que polo momento se descoñece a cantidade económica que o ente provincial aportará ao desenvolvemento deste proxecto.
Antonio Veiga visitou na tarde de hoxe os terreos, que cedeu o concello do Valadouro, nos que se vai construír esta pista de andadura ecuestre, que vai ser a primeira de toda Galiza.