Site icon Crónica3.com A Mariña

A escola municipal de música e danza de Ribadeo organiza seis audición para dar a coñecer o seu traballo

A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA E DANZA DE RIBADEO ORGANIZA SEIS AUDICIÓNS PARA DAR A COÑECER O TRABALLO QUE SE REALIZA NO CENTRO.

Ribadeo, 12 de abril de 2012. A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo organiza ao longo da vindeira semana seis actuacións nas que participarán diferentes especialidades das que se imparten no centro. Esta actividade terá lugar entre os días 16 e 20 de abril ás 20.30 horas na propia Escola agás a do martes 17 de abril, de música e movemento, que terá lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval. A entrada ás mesmas é libre e gratuíta.

 Luns 16 de abril – Violín e canto.

 Martes 17 de abril – Música e movemento (Auditorio Municipal Hernán Naval).

 Mércores 18 de abril – Percusión.

 Xoves 19 de abril – Saxofón.

 Venres 20 de abril – Clarinete.

Asimesmo, o día 29 de abril, coincidindo co Día Internacional da Danza, a sección de danza e ballet da EMMeD de Ribadeo ofrecerá unha actuación, ás 20.30 horas, que tamén terá lugar no auditorio.

O director da EMMeD de Ribadeo, Hugo García Presno, sinalou que “o obxectivo destas actuacións é que o alumnado toque en público, incluso aqueles que están comezando, que vaian perdendo o medo ao escenario e que amosen o traballo feito ao longo do curso”.

As audicións veñen formando parte ao longo dos últimos anos da programación académica da EMMeD de Ribadeo. Proba delo é que durante o mes de maio haberá outra serie de audicións co resto de especialidades que se imparten no centro.

Exit mobile version