Site icon Crónica3.com A Mariña

A FRUGA denuncia a mala xestión e improvisación da Xunta ante as perdas causadas pola seca

FRUGA DENUNCIA A MALA XESTIÓN E IMPROVISACIÓN DA XUNTA ANTE AS
PERDAS CAUSADAS POLA SECA
En lugar de sacar unha liña específica de axudas, publica hoxe uns préstamos bonificados
que chegan tarde e que non resolven a situación
Lugo, 27 de abril de 2012. A situación de escaseza de chuvias provocou importantes perdas
económicas ás explotacións gandeiras galegas. Este pasado inverno foi un dos máis secos dos
últimos cincuenta anos polo que as explotacións gandeiras tiveron que facerlle fronte a unha nova
dificultade que suma ás que xa tiña que superar o sector.
Neste contexto, a Xunta de Galiza optou por establecer estratexias que fuxen do que debería
estar facendo tal e demandou a Federación Rural Galega-FRUGA no seu momento: establecer
unha liña de axudas específicas para paliar os danos da seca.
Hoxe, nembargantes, publicouse no DOG a posibilidade de subscribir préstamos a un interese
bonificado sobre o 90% do valor dos pagos correspondentes ao Réxime de Pagamento Único
correspondente ás tramitacións das axudas da Política Agraria Común (PAC) na campaña 2012.
Desde a FRUGA denunciamos que isto corresponde, unha vez máis, ás políticas de improvisación
que a Xunta de Galiza ven aplicando no agro galego. As explotacións que teñen falta de liquidez
xa asinaron, cando tramitaron a solicitude da PAC, un adianto do importe que lles corresponde
sobre a propia PAC coas entidade bancarias. En vistas disto non comprendemos como a Xunta
publica esta orde cando xa case a totalidade das tramitacións da PAC están feitas e non antes, xa
que o prazo para facer as solicitudes comezou o 1 de febreiro e remata 30 de abril. Resumindo,
ás explotacións que lles podía interesar este préstamo bonificado chégalles tarde, dado que xa o
tiñan previamente asinado con algunha entidade bancaria.
Temos que lembrar que a Xunta está castigando dobremente ás explotacións gandeiras galegas,
por unha parte non establece unha liña de axudas para paliar os danos puntuais a un sector
estratéxico para Galiza, tal e como se fai con outros sectores, e por outra banda aplica uns
retallamentos que poñen en perigo a súa viabilidade como poden ser os Plans de Mellora, as
axudas ás razas autóctonas en réxime extensivo ou o Contrato de Explotación Sustentable
(C.E.S.)
Desde a FRUGA demandamos ao Presidente da Xunta de Galiza que estableza medidas
encamiñadas ao que os expertos do sector agrario permanentemente fan referencia que é
necesario para aumentar a rendabilidade das explotacións: a de reducir os custos de producción a
través do aumento da base territorial das explotacións. En lugar diso, a Xunta adícase a
desaproveitar ferramentas como o Banco de Terras e a propoñer medidas que principalmente
benefician ás entidades bancarias ademais de endebedar máis ás explotacións

Remitido

Exit mobile version