Site icon Crónica3.com A Mariña

A parroquia de San Pedro de Mor en Alfoz celebrou unha procesión de xoves santo por primeira vez

Por primeira vez en Alfoz, en concreto na parroquia de San Pedro de Mor, tivo lugar este pasado xoves, día 5 de abril, unha procesión relixiosa celebrada pola festa do Xoves Santo.

Na procesión exhibíronse as imaxes do Cristo Xacente e da Virxe das Dores e o paso percorreu o adro da igrexa parroquial.

O acto tivo lugar despois dos oficios do Xoves Santo e estivo organizado pola Confraría do Cristo Xacente e da Virxe das Dores de Alfoz e O Valadouro. Participaron no acto numerosos fieis dos dous concellos.

Remitido

Exit mobile version