Site icon Crónica3.com A Mariña

A piscina municipal de Cervo rexistrou un milleiro de usuarios na Semana Santa e recaudou máis de 3 mil euros

A piscina municipal rexistrou un milleiro de usuarios durante a Semana Santa

-A recadación da piscina municipal superou os 3.000 euros neste período

-O obxectivo do goberno local é incrementar o número de usuarios e socios para aliviar o esforzo económico que supón manter a piscina olímpica

Cervo, 11 de abril de 2012-A piscina municipal de San Ciprián rexistrou durante a Semana Santa ao redor dun milleiro de usuarios, entre os que se contabilizan veciños e socios, visitantes así como clubs procedentes de Santiago, Ribeira, Lugo, Ferrol, Navia ou persoal da Armada de Ferrol. Un importante nivel de afluencia que permitiu recadar preto de 3.300 euros en tan só unha semana, mentres se mantiñan estables os gastos de persoal, de consumo eléctrico e de auga. “Dende o Concello, e en especial dende a delegación de Deportes, estamos traballando para facer unha boa xestión das instalacións da piscina que nos permitan ir incrementando a recadación” explica o edil, José Ramón Soto.

O fomento do uso da piscina é un dos moitos obxectivo fixados polo goberno municipal no eido deportivo. No caso da potenciación da piscina, o executivo local pretende a captación de máis usuarios e socios, non só do municipio senón tamén de concellos próximos que non dispoñan dela. Un esforzo que permitirá “aliviar os desorbitados gastos de mantemento que xera un vaso de dimensións olímpicas” asegura Soto. Unhas instalacións que cada ano lle custan aos veciños 200.000 euros e que “no seu momento foron deseñadas sen ter en conta o tamaño do municipio e os recursos económicos que precisaría ano tras ano para o seu mantemento” engade o responsable de Deportes.

Aínda así, o goberno local ten agora a encomenda de asumir a súa xestión e diminuír o gasto que lle supón aos veciños. Deste xeito, “se reducimos a partida dirixida ao mantemento da piscina, tamén haberá máis cartos para investir en proxectos e actuacións” remata Soto.

Remitido

Exit mobile version