O COMERCIO DE FOZ ABRIRÁ MAÑÁ, XOVES SANTO, AS SÚAS PORTAS, SEGUNDO INFORMA A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES, INDUSTRIAIS E AUTÓNOMOS.
Foz, 4 de abril de 2012. O comercio de Foz abrirá mañá, xoves santo, as súas portas para atender á súa clientela, segundo ven de informar a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos.
Tamén mañá os máis pequenos poderán disfrutar de diversos hinchables na praza Conde Fontao. Será de 12 a 15 horas e de 17:30 a 20:30 horas. O xoves santo será intenso de actividades en Foz porque mañá, 5 de abril, celébrase a partires das 23 horas na zona portuaria o IV Festival de Primavera, un evento que reunirá a dúas das mellores orquestras de Galicia: París de Noia e Panorama. As dúas presentarán as súas xiras 2012. Na organización do Festival de Primavera colaboran a Asociación de Comerciantes e o Concello de Foz.
Ruta das tapas e relación de participantes
Foz acollerá a IX Ruta das Tapas os días 6 e 7 de abril. Trinta son os locais que se darán cita nesta edición. Cada un ofrecerá dúas tapas á súa clientela.
Os que se acheguen a Foz a disfrutar da IX Ruta das Tapas poderán degustar as propostas dos hostaleiros a mediodía e tamén pola noite, será de 13 a 15 horas e de 20 a 23 horas. O prezo de cada tapa será de 1 euro. Un xurado profesional decidirá o nome das mellores tapas desta edición.
Os establecementos participantes e as súas propostas son as seguintes:
A Maseira: pulpo A Maseira e delicias de pescado; A Bolera: el tesoro de las Mercedes e la cajita feliz; A Ribeira: delicias da Ribeira e caprichos; A Rula: brocheta de pulpo e gulas con gambas; A Rambla: salpicón de temporada e tosta de xarda; A Funcional: ensalada de garbanzos e albóndigas de bacalao; A Caracola: papa a la huancaína e mar das delicias; Anduriña: mestura de terra e mar con algas wuakame e caramelo de queixo de tetilla e cebola; O Chícaro: noite de San Juan e sorpresa O Chícaro; O Pelolo: mar Cantábrico e frutos da terriña; O Taco: cóctel de gambas e pulpo estilo Taco; O Náutico: plan vexetal e tixola marina; Xoyma: Ronaldo e Messi; Dandy: ragú con setas silvestres e angulas con crema queixo piquillo e gambas; Dallas: atadillo de pataca enmascarada con gamas e salpicón de marisco en dúas salsas; Express: pañuelo sorpresa e delicias de mar; Happy Days: crepe de mar e delicias Happy Days; May-Ross: montadiño May-Ross e ensalada fantasía; Leyton: sorpresas do Leyton; O Mar: callos de mar con chorizo de pulpo e concha de hojaldre de marisco; Costumes do Mar: raviolón relleno de marisco e empanadillas porteñas; Tangarte Mariñeiro: tosta de cabra e delicia do mariñeiro; A Soalta: brocheta de gambón e montadiños de bacalao con pementos do piquillo; O Tangarte: tosta anticrisis e delicias do mesón; O Norte: maravillas o mar e tartaleta O Norte; El Rincón de Anita: oliñas e conquista; Namarinos: brocheta de marisco e carrilleras en salsa Namarinos; Portovello: tupinete de allo e trinxat Portovello; O Lar: tosta de salón sobre espuma de tomate e volta de solomillo ibérico sobre reducción de viño de Amandi; e A Xoyña (pizzería): empanada de carne, carne e máis carne e unha boa tapa.