Site icon Crónica3.com A Mariña

ACIA Foz organiza unha campaña para promover as compras no comercio local

A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES ORGANIZA UNHA NOVA CAMPAÑA PARA PROMOCIONAR AS COMPRAS NO COMERCIO LOCAL OS SÁBADOS 14 E 21 DE ABRIL.

Foz, 7 de abril de 2012. A Asociación de Comerciantes, Industriales e Autónomos de Foz organiza unha nova campaña para promocionar as compras no comercio local os sábados 14 e 21 de abril.

O presidente de ACIA Foz, José Carlos Paleo, sinala que “con esta campaña O importe das túas compras de regalo, o que fará a clientela de noso comercio será recuperar o importe das compras efectuadas os sábados 14 e 21 de abril en cheques regalo”. Paleo explica que “todas as compras superiores a 10 euros conseguirán un cheque de regalo para canxear nas compras de máis de 50 euros en calquera dos establecementos participantes ata o vindeiro 30 de xuño”.

A promoción é válida nos establecementos: María Docampo, Pi-R Hombre, Chinela, Arrullos, Ofifoz, Centro Óptico Eliseo, Decoraciones Pura, Kaos e Loles Val.

Exit mobile version