Site icon Crónica3.com A Mariña

ACIA Foz entregou os premios da IX Ruta das Tapas no transcurso dunha cea

A directiva de ACIA Foz fixo entrega nas últimas horas dos premios da IX Ruta das Tapas, que se celebrou os pasados 6 e 7 de abril. Foi no transcurso dunha cea. Os gañadores foron Namarinos, El Rincón de Anita e Anduriña. Namarinos, que obtivo o premio á tapa gañadora recibiu un agasallo de ACIA Foz e os outros dous locais recibiron sendos diplomas. O presidente de ACIA Foz, José Carlos Paleo, agradeceu a participación de todos os locais que se deron cita na IX Ruta das Tapas.

Exit mobile version