OS SÁBADOS 14 E 21 DE ABRIL OS QUE REALICEN AS SÚAS COMPRAS EN VARIOS COMERCIOS DE FOZ OBTERÁN CHEQUES REGALO PARA GASTAR ATA O 30 DE XUÑO.
O presidente de ACIA Foz, José Carlos Paleo, sinala que “con esta campaña O importe das túas compras de regalo, o que fará a clientela de noso comercio será recuperar o importe das compras efectuadas os sábados, 14 e 21 de abril, en cheques regalo”. A promoción é válida nos establecementos: María Docampo, Pi-R Hombre, Chinela, Arrullos, Ofifoz, Centro Óptico Eliseo, Decoraciones Pura, Kaos e Loles Val.
Todas as compras superiores a 10 euros conseguirán un cheque de regalo para canxear nas compras de máis de 50 euros en calquera dos establecementos participantes ata o vindeiro 30 de xuño.
Remitido