Site icon Crónica3.com A Mariña

ACISA de Ribadeo sortea mil euros en vales de compra na campaña do Día da nai

ACISA SORTEA 1.000 EUROS EN VALES DE COMPRA NA CAMPAÑA DO DÍA DA NAI QUE DÁ COMEZO MAÑÁ E REPARTIRÁ POLA RÚA 2.000 FLORES O PRÓXIMO 6 DE MAIO.

Ribadeo, 26 de abril 2012. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo sortea 1.000 euros en vales de compra na súa campaña do día da nai que dá comezo mañá venres.

Desde a directiva de ACISA explican que “todas aquelas persoas que realicen as súas compras do día da nai no comercio ribadense desde o 27 de abril e ata o próximo 6 de maio recibirán papeletas para cubrir cos seus datos e o seu número de teléfono para entrar no sorteo de 1.000 euros en vales de compra”. O sorteo terá lugar nas instalacións de ACISA o 9 de maio, “os 1.000 euros levaraos unha persoa e poderaos gastar ao longo de todo o mes de maio no comercio e na hostalería local”.

ACISA quere así premiar as compras que se realizan estes días no comercio ribadense, “queremos ter un detalle coa fiel clientela que ten Ribadeo e aproveitamos para animar a todos os veciños da zona a vir a Ribadeo comprar os agasallos do día da nai porque poden ter a sorte de levar ese importante premio, 1.000 euros en vales de compra”.

Ademais ACISA repartirá 2.000 flores o día 6 de maio polas rúas máis comerciais de Ribadeo, “todas aquelas persoas que nos atopan pola rúa, nenos e nenas ou adultos, levarán unha flor para regalarlle á súa nai”. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo xa realizou esta repartición de flores pola rúa o día da nai outros anos “e a acollida foi un auténtico éxito”.

Exit mobile version