
O pasado sábado, 21 de abril, o grupo musical Brétema deu un concerto na Casa da Cultura de Alfoz. Durante o concerto, dunha hora de duración, interpretaron cancións famosas dos anos 60 e 70, con algunha incursión en épocas máis modernas. Lembraron a Nicola di Bari, Francisco, Os Bravos, Os Beatles, Os Mitos, Fórmula V e, incluso, Los Secretos. “Brétema” é un conxunto musical formado por alumnos de adultos do Conservatorio de Viveiro, dirixidos polo profesor Lino Rico, que tamén forma parte do grupo ós teclados. Foi un bonito concerto no que se mesturaron temas máis melódicos con outros cargados de ritmo.