Site icon Crónica3.com A Mariña

Aloxamentos ribadenses colaboran no certame de tapeo con “soños gastronómicos”

ALOXAMENTOS RIBADENSES COLABORARÁN CO CERTAME RIBADEO DE TAPEO NA INICIATIVA SOÑOS GASTRONÓMICOS, CON PROMOCIÓNS PARA OS VISITANTES.

Ribadeo, 10 de abril de 2012. O certame gastronómico Ribadeo de tapeo incluirá na edición deste ano a colaboración de aloxamentos cunha iniciativa denominada Soños Gastronómicos. Consiste nunha oferta por parte dos establecementos hoteleiros dende o 17 ao 27 de maio, para complementar o Ribadeo de tapeo, que se celebrará do 18 ao 28.

Os clientes destes establecementos que participen no Ribadeo de tapeo en polo menos 5 locais, na chamada ruta de Tapeo Express, poderán obter nos aloxamentos un agasallo gastronómico, un desconto do 15 por cento nas pernoctas e optar a un sorteo de dous bonos cunha noite de hotel en Ribadeo cada un.

Os aloxamentos que estean interesados en participar nesta promoción deben poñerse en contacto antes deste venres, 13 de abril, coa Área de Desenvolvemento Local do Concello de Ribadeo.

Desde a Área de Desenvolvemento Local sinalan que “con estes Soños gastronómicos preténdese complementar a oferta das tapas que se realizan desde os diferentes bares e restaurantes coa oferta de aloxamento, convertendo así este evento nun verdadeiro produto turístico e que se lle incremente o seu valor engadido”.

Exit mobile version